top of page

Nós

·

Quen somos ?

Quen somos?

DonDeSon_Perfil.png

Don de Son é un grupo musical con sede na Universitat de Barcelona. Un proxecto baseado na interpretación de composicións vocais polifónicas, a capela ou con acompañamento instrumental.

A súa fundación tivo lugar no mes de abril de 2016, aínda que levamos funcionando dentro da UB, con outros nomes, dende moito antes; de feito as orixes da nosa historia remóntanse a abril de 1992, xa entón baixo a dirección de César del Caño, actual director de Don de Son.

A día de hoxe contamos co soporte do Vicerectorat d'Arts, Cultura i Patrimoni, da propia UB, na que, dende sempre, levamos a termo os nosos ensaios semanais.

 

O noso repertorio componse de obras de autoría propia e outras con textos de diversos autores lusófonos e cataláns. Estamos tamén atentos ó traballo dos músicos populares e cantautores actuais, sobre os que realizamos habitualmente versións polifónicas.

 

A lingua na que cantamos é maiormente o galego, cunha especial atención posta no portugués. De xeito puntual, estamos tamén abertos ó resto de linguas peninsulares, nomeadamente ás minorizadas, e, por razóns da nosa ubicación actual, con prioridade do catalán.

 

Tentamos levar a termo un rigoroso traballo sobre a voz, coa intención de acadar a máxima perfección técnica posíbel; emporiso, non queremos perder de vista que toda esta autoesixencia que nos impomos ha de estar sempre ó servizo da obra e da mensaxe que pretendemos comunicar.

​​​​​​​​​Don de Son

bottom of page