top of page

Nós

·

A nosa historia

A xénese · 1992-2001

Coro Universitario Galego de Barcelona

A necesidade de ocupar un espazo imprescindíbel

En abril de 1992 ponse en marcha, no seo da UB, o Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) tutelado pola Área de Filoloxías Galega e Portuguesa.

Un ano despois ten lugar a súa presentación oficial no Paraninfo do Edifici Històric da propia UB.

Baixo a dirección de César del Caño, cofundador do proxecto, decorre unha etapa de nove anos ateigada de actividades, na que destaca, como fito fundamental, a edición do libro/CD Porgaleuzca (Master Records / Bule Bule Produccions, 1996).

O CUGAB disólvese en 2005.

Meses dispois da disolución do CUGAB, un pequeno grupo de persoas, integrantes de diversas entidades corais de Barcelona, na sua gran maioría alumnos e alumnas de César del Caño, asinan a acta fundacional da asociación musical Galeuzcamerata, Espai Polifònic Universitari.


Coa intención de que a Universitat de Barcelona acolla a nova asociación baixo a súa protección, conscentes da necesidade de recuperar un espazo esencial para a música coral galega, nun novo marco cooperador, en xullo de 2006 preséntase o proxecto ó Delegado do Rector, Dr. Salvador Claramunt, quen, sobre a base da pegada deixada na nosa etapa de traballo co CUGAB, acolle de inmediato ó grupo baixo a tutela do Vicerrectorat d'Activitats i Patrimoni Culturals.

A reconstrución · 2006-2016

Galeuzcamerata, Espazo Polifónico Universitario

Abrindo portas, recuperando espazos perdidos

A necesidade dun cambio · 2016...

Don de Son

¿Somos realmente un coro?​ ¿Queremos selo?

Ben por se ter cumplido os obxectivos, ben por propia dinámica da vida ou por simple catarse, o certo é que o tempo fai mudar a perspectiva e os proxectos acaban por se esgotar. 

Don de Son nace como consecuencia dun proceso natural de madureza, pola propia necesidade de renacer e reinventar, con ilusión e paso firme, con convencemento e confianza en si, con experiencia e bo humor; sen medo, porque os seus xenes están ateigados de coñecementos herdados e debatidos, de pegadas diáfanas e camiños compartidos. 

Veleiquí pois esta nosa nova casa. Entrai e remexei, hai moito onde; e estai á espreita, quédanos moito por dar e poida que moito camiño por redefinir e, se cadra, reinventar. 

​​​​​​​​​Don de Son

bottom of page